A Asociación Cultural Cultura Aberta de Carral convoca o VI Concurso de fotografía Manuel Ferrol.
Este concurso contempla entre os seus obxectivos reivindicar a figura e obra do fotógrafo Manuel Ferrol representativo de toda unha época da cultura galega inspirándose na súa obra manuelferrol
As temáticas deste concurso serán: retrato, reportaxe e tradición.
1.- Pode participar calquera profesional ou afeccionado/a maior de 18 anos, ou menores de idade debendo presentar neste caso a correspondente autorización asinada polo titor/a ou representante legal para a participación no concurso.
2.- Cada participante pode presentar un máximo de 4 fotografías. Non se admitirán fotografías que recibiran premios anteriormente neste ou en calquera outro concurso.
3.- TÉCNICA
Queda á libre elección das persoas participantes o tipo de técnica a empregar (analóxica ou dixital) e a modalidade, branco e negro ou cor.
4.- TAMAÑO
As fotografías presentaranse obrigatoriamente en papel fotográfico, cun tamaño mínimo de 18 cms no seu lado menor e de 40 cms no seu lado máximo. Polo tanto, o máximo é de 40X40 cms e o mínimo 18X18 cms.
5.- PRESENTACIÓN
As obras presentaranse baixo o sistema de plica, nun sobre (protexido con algún tipo de soporte ríxido, coidando que non se altere a superficie e non sufra danos) incluiránse:
- a/as fotografía/s co título e seudónimo da persoa autora por detrás
- declaración responsábel na que se garante o cumprimento das bases.
- outro sobre totalmente pechado que teña no seu exterior
exclusivamente o seudónimo. Este sobre pechado conterá a seguinte
documentación: fotocopia do DNI, datos do participante (nome,
enderezo, teléfono, e-mail, seudónimo utilizado para presentar a
fotografía e a declaración responsábel cuberta (Anexo I das bases)**
6.- A persoa que se presenta garante que é o único/a autor/a da(s) fotografía(s) e é titular de tódolos dereitos de autor/a sobre as mesmas. A asociación presupón que o/a autor ten permiso dos/as retratados/as. En todo caso, calquera reclamación neste senso será sempre contra autor/a das fotografías, eximindo á organización de dita responsabilidade. Cultura Aberta non se fará responsábel das posíbeis denuncias por plaxio ou eventualidade semellante que poideran xurdir, recaendo na persoa participante afectada as accións legais que procedan e asumindo, se é o caso, as indemnizacións que poideran corresponder polos prexuízos ocasionados a particulares ou á organización. As persoas participantes terán a obriga de comunicarlle a Cultura Aberta de xeito fidedigno a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no intre en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso.
7.- Ficarán automáticamente fóra de concurso aquelas fotografías que leven sinatura ou calquera outra marca identificativa. Cada obra deberá levar o título na parte traseira, seguido do seudónimo do/a concursante. Este seudónimo non pode ser identificativo da persoa, en especial non está permitido utilizar o alcume polo que se lle coñece no seu entorno.
8.- ENDEREZO DE ENVÍO
As imaxes presentaranse en sobre pechado na:
Casa da Cultura de Carral
Rúa Paleo no 17
15175 Carral, A Coruña
Teléfono de contacto 981672580
Pode ser en persoa ou por correo postal.
A organización establecerá outros puntos de recollida na provincia da Coruña
que serán comunicados a través da web oficial e das redes sociais da
asociación para facilitar deste xeito a participación no concurso.
culturaaberta.gal
9.- DATA LIMITE
A data límite de presentación é o día 28 de decembro de 2023, conmemoración do centenario do nacemento de Manuel Ferrol.
10.- PREMIOS
Outorgaránse tres premios que estarán suxeitos á preceptiva retención fiscal. Non serán entregados en metálico se non mediante cheque ou transferencia bancaria o día da entrega de premios.
Os premios serán os seguintes:
1o premio: 1.000 euros
2o premio: 400 euros
3o premio: 200 euros
O xurado poderá outorgar mencións honoríficas sen valor económico, atendendo á calidade das obras.
11.- O xurado estará composto por persoal cualificado en fotografía. O concurso poderá declarar deserto algún dos premios. A decisión do xurado é inapelábel.
12.- Entre todas as obras presentadas o xurado seleccioará 25 fotografías, que pasarán a formar parte da exposición do concurso que se celebrará no Concello de Carral, sendo inaugurada o día da entrega de premios desta VI edición.
13.- A decisión do xurado farase pública o 27 de febreiro de 2024. Establécese un período de dez días desde a decisión do xurado para presentar alegacións por incumprimento das bases.
O título do traballo gañador e o nome e apelidos do autor/a daranse a coñecer mediante unha comunicación persoal ao autor/a, así como na web e nas redes sociais de Cultura Aberta e envío de nota de prensa aos medios de comunicación.
14.- As fotografías premiadas e seleccionadas para a exposición posterior enténdense cedidas á organización sempre sen fins lucrativos para calquera acto promocional ou expositivo relacionado co Premio Manuel Ferrol de Fotografía en calquera das súas edicións.
A presentación de traballos neste concurso supón a aceptación íntegra das presentes bases. O incumprimento dalgún dos apartados nas mesmas levarían implícita a exclusión do concurso da obra presentada.
Para calquera dúbida pódense poñer en contacto coa organización do concurso no seguinte enderezo electrónico: concursofotografiamanuelferrol@culturaaberta.gal ou ben nos teléfonos 698 13 67 86 ou 636 32 64 25.