Grupo de música tradicional Arnela

O GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL «ARNELA», formouse no ano 2009, no seo da escola de música da ASOCIACIÓN CULTURAL «CULTURA ABERTA» de Carral, e trata de reivindicar o folclore no seu sentido máis puro, e popular: música e voz. Os compoñentes do grupo van dende rapaces ata xente ben entrada en anos, aos que lles une un fin común: desfrutar tocando e cantando a nosa música, ao xeito no que fai máis de un século fixera don Perfecto Feijóo coa creación de este tipo de formacións. Xunto ao cuarteto clásico de gaitas, tamboril e bombo, atopámonos a aportación das pandeiretas e das voces para recrear pandeiradas, foliadas e muiñeiras, todas elas melodías extraídas da nosa música tradicional.
Neste anos fixemos actuacións por distintos lugares da provincia da Coruña, como foi en Boimorto, en Noia, en Santiago, en Bergondo, en Cumbraos,  no Festival Folk de Guisamo, e no Festival de Cantareiras en Meirás (Valdoviño).

O GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL «ARNELA», formouse no ano 2009, no seo da escola de música da ASOCIACIÓN CULTURAL «CULTURA ABERTA» de Carral, e trata de reivindicar o folclore no seu sentido máis puro, e popular: música e voz.

Os compoñentes do grupo van dende rapaces ata xente ben entrada en anos, aos que lles une un fin común: desfrutar tocando e cantando a nosa música, ao xeito no que fai máis de un século fixera don Perfecto Feijóo coa creación de este tipo de formacións. Xunto ao cuarteto clásico de gaitas, tamboril e bombo, atopámonos a aportación das pandeiretas e das voces para recrear pandeiradas, foliadas e muiñeiras, todas elas melodías extraídas da nosa música tradicional.

Nestes anos fixemos actuacións por distintos lugares da provincia da Coruña, como foi en Boimorto, en Arzúa, en Espasante, en Noia, en Santiago, en Bergondo, en Ribeira, en As Neves, en Cumbraos, no Festival Folk de Guisamo, e no Festival de Cantareiras en Meirás (Valdoviño).

Galería

Image 2 De 6

Vídeos

Irmandade

Muiñeira de Pontesampaio