A Asociación Cultural «CULTURA ABERTA», manifesta unha inquedanza, recuperar parte da nosa historia máis recente, precisamente daquela década que marcou coa súa tráxica pegada o noso desenvolvemento como comunidade, e así precisamente rendir unha merecida homenaxe ós homes e mulleres que loitaron por conquerir este réxime de dereitos e liberdades, despois de caseque cuarenta anos de dictadura.
Con este propósito organizamos xornadas de memoria histórica, onde participan historiadores, investigadores e testemuñas, dando froito tamén a edición dos libros: «Azos de Memoria» (2009) e «Ecos dun Tempo» (2010).